Solucións exercicios

Solucións exercicios

por Sara Guerreiro Santalla -
Número de respostas: 0

Bo día a tod@s.

Tal e como quedamos o xoves, acabo de subir as solucións das aplicacións que fixemos en App Inventor.

Por unha banda, na carpeta Sesión 3 → Solucións, atoparedes a aplicación de “Adiviñar o animal”. Neste caso incluín o exemplo no que, na pantalla final, aparece a imaxe do animal en lugar do nome. Para conseguilo, o que fixen foi asignarlle a cada imaxe o seu nome correspondente e cargala nun compoñente específico para a súa visualización.

Por outra banda, na carpeta Sesión 4 → Solucións, tedes a aplicación de “Clasificar as froitas”. De novo, engadín o exemplo no que só se mostra o nome da froita cando a porcentaxe de fiabilidade devolta polo modelo supera o 70 %.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar comigo por correo electrónico sen problema.
Aproveito tamén para lembrarvos que aínda tedes pendente facer un dos exercicios de Robobo comigo, non vos esquezades 😊.

Deséxovos o mellor no que queda de curso.

Unha aperta!