Ola,
Comento rápido o que vimos nas xornadas de robótica de Lugo ( 30 e 31 de xaneiro de 2015).
Ademais dos clásicos Lego Mindstorm e Lego wodo, presentaron ....
Beebot , un robot para infantil e primeiros cursos de primaria http://www.bee-bot.us/ , parece que ten moita acollida en infantil. O curioso é que despois de comentar esto cunha compañeira resulta que uns dos días de reunión do grupo coincidiu cun curso sobre matemáticas no cfr no que a ponente levou este robot. Mágoa non enterarme antes.
Thymio, https://aseba.wikidot.com/en:thymio , http://www.arobose.com/shop/kits-robot/366-robot-educatif-thymio-ii-7640164630014.html , desde primaria ata bacharelato. Eu non o coñecía, pero segundo o ponente ( Javier Méndez Zunzunegui) é unha das mellores propostas para iniciar na robótica.
Tamén comentaron un proxecto galego , non sei se o coñecedes, chamado escornabot ( http://bricolabs.cc/wiki/index.php?title=Escornabot ) cunha base didáctica inspirada no beebot. Pode ser interesante explorar este camiño desde o grupo de arduino.
Se lembro algo máis xa o comento.
Apertas
Fran Macías