Tarefa 10.- ChatGPT como adestrador persoal de IA na aula
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 5 de abril de 2023, 12:00 AM
Pendente: mércores, 12 de abril de 2023, 12:00 AM
Debemos saber que ChatGPT:
- é competente en calquera materia.
- A base de datos que emprega o GP3 é ata o ano 2021.
- Recoñece 95 idiomas
- O alumnado está empregando a IA para traballos académicos
- é dificil detectar o plagio
- Cada resposta que ofrece non é ÚNICA
- Debemos cambiar o modo en que pedimos traballos e/ou avaliamos ao alumnado
- Para formular consultas debemos indicar "con que tono- dirixido a que nivel- poñer exemplos- estilo...
En xeral Chat GPT ten 6 funcións diferentes:
- Pode resolver ecuacións 3x2-5x+1=0
- Pode resumir ou explicar un tema en concreto adaptado ao nivel que desexemos: "explica a fotosíntese das plantas, pasos e importancia, a un nivel educativo de 2º da ESO".
- Pode facer un cuestionario de opción múltiple , con solucións, sobre o tema anterior, ou calquera outro.
- Escribir unha fórmula de éxcel : por exemplo "unha fórmula cun menú desplegable coas seguintes opcións: completado, en curso, por iniciar"
- Escribir un poema sobre a primavera estilo Rosalía de Castro
- Traducir un texto ao outro idioma con precisión
- Proporcionar corrección ou retroalimentación sobre un texto a analizar "
- Escribir un código de programación (Arduino, Phyton, Java...)
- Completar frases en calquera idioma p.e. Completa" I want to know .....she is angry with me."
- Planificar unha unidade didáctica " crea unha unidade didáctica que explique o concepto da fotosíntese para o alumnado de 2º de bacharelato, que explique a ecuación química, as fases da fotosíntesis, esquema, estruturas onde se realiza a fotosíntese e localización da cada unha delas"
- Solicitar enlaces a videos que expliquen un tema
- Crear rúbricas
- Axudar na calificación de tarefas....