Tarefa 5.- Learning ML. Clasifica textos
Requisitos do completado

Abertas: domingo, 16 de abril de 2023, 12:00 AM
Pendente: domingo, 23 de abril de 2023, 12:00 AM
Nesta tarefa aprenderemos a crear un modelo de IA que sexa capaz de recoñecer textos e clasificalos ou realizar unha predición.
En concreto realizaremos un xogo de preguntas e respostas coas etapas da prehistoria e as súas características.
- Abre o learningML en google Chrome
- Escolle a opción recoñecer textos (ollo co idioma no que vas a escribir textos e etiquetas)
- No apartado "adestrar" engade 3 etiquetas (Paleolítico, Neolítico, Edad de los metales)
- Engade características de cada etapa en cada etiqueta
- Preme no botón "adestrar" e a aplicación creará un modelo.
- Premendo na opción "Comprobar" escribe textos e observa se o algoritmo clasificou ben a resposta.
- Preme na imaxe do gato de scratch e verás que abre unha aplicación de Scratch
- Aparece na esquerda un conxunto de bloques "learningml-texts" que empregaremos para o noso programa
- Coloca o bloque clasificar texto e escribe algo que teña relacion con algunha das etapas p.e. "usaban pedras para fabricar ferramentas" , clica no bloque e observarás a predición do modelo.
- Para realizar o programa empregaremos os seguintes bloques

O programa completo feito na clase sería este

Anímaste a crear un modelo cos teus textos?