• Coordinación no centro

    24 abril de 2025 a xuño de 2025

    5h non presenciais - Data de entrega límite: 30 de maio

    Logotipo Polos Creativos

    Coa experiencia adquirida ao longo do curso estarás en disposición de coordinar  proxectos ou actividades de Polos creativos no teu centro educativo. Esta parte da formación é non presencial, pero será preciso evidenciar o traballo feito. Acouga, será moi sinxelo! Non será precisa unha memoria, abondará con facer unha entrega a modo de diario de aprendizaxe, unha presentación, un blog... Aquí tes máis información e recursos, por se os queres empregar.