Section outline

    • Abertas: mércores, 22 de abril de 2026, 12:00 AM
      Pendente: xoves, 7 de maio de 2026, 12:00 AM

      Situación de aprendizaxe estatística para o seu alumnado, integrada no currículo, que combine o uso de datos reais, ferramentas dixitais e estratexias de avaliación competencial.
      A tarefa será presentada nun documento escrito (3-5 páxinas) e deberá incluír:

      1. Título da proposta e nivel educativo ao que vai dirixida.
      2. Xustificación breve (½ páxina): por que é relevante para o alumnado e como conecta cos seus intereses ou experiencias.
      3. Descrición da actividade estatística:
        - Problema estatístico ou pregunta de investigación que se vai traballar.
        - Fontes de datos a empregar (plan experimental, enquisa ou datos oficiais).
        - Concreción curricular: definición de criterios de avaliación e contidos asociados
        - Extensión da análise de datos (táboas, gráficos, medidas e parámetros estatísticos…).
        - Uso de ferramentas e recursos dixitais (mínimo unha).
      4. Proposta de avaliación competencial:
        - Unha rúbrica ou apartados dunha rúbrica que permitan avaliar os criterios definidos no punto 3.
        - Descrición doutro recurso avaliativo (portafolio dixital, diario de aprendizaxe, autoavaliación…).
      5. Valoración persoal (½ páxina): posibles dificultades de implementación e expectativas sobre a aprendizaxe do alumnado.