A materia propia dos seres vivos fórmase grazas á luz: A fotosíntese
Os tipos de nutrición nos seres vivos
Nutrición autótrofa de auto "un mesmo" e trofos "alimentarse": algúns organismos, son quen de fabricar materia orgánica con nutrintes inorgánicos coma a auga, o dióxido de carbono ou os sales minerais. Son os chamados organismos forosintéticos, capaces de utilizar a enerxía solar neste proceso que só eles poden realizar. Entre estes organismos están as algas uni e pluricelulares e as plantas, pero tamén algunhas bacterias.
Nutrición heterótrofa ( de hetero "distinto" e trofos "alimentarse": os seres vivos que precisan para nutrirse alimentos procedentes doutros organismos son os que teñen este tipo de nutrición. Son os animais, os fungos, os protozoos moitas bacterias. Este organismos "extraen" a enerxía que conteñen os nutrintes inxeridos mediante o proceso de respiración celular.