RebumbioLab. Cando a ciencia é un xogo

Rebumbiolab é un conxunto de talleres de ciencia que os membros do Club de Ciencia do IES David Buján estamos a realizar de forma gratuíta por toda Galicia.
Quen somos? O grupo de mentores do club de ciencia axudados dos nosos ex-profesores do do IES David Buján de Cambre, organizamos talleres con Snack experiments nos que os alumnos de ESO son que de explicar a alumnos de primaria os seus experimentos. <https://youtu.be/KM9GgyjnI54>
Porqué Snack experiments? Os Snack Experiments son experiencias breves que non precisan de material de laboratorio. Ao ser experiencias de”baixo custo” os nenos poden replicalas na súa casa.
O proxecto obtivo o primeiro premio no concurso internacional ""Ciencia en Acción"" na categoría de Divulgación da Física.

Materiais

Marta Rúa López

IES David Buján

Licenciada en bioloxía pola UDC no 1997
Cursos de doctorado, tesina de licenciatura e sufuciencia investigadora pola UDC no 1999.
Funcionaria docente de Bioloxía e Xeoloxía dende o ano 2000, con 13 cursos de destino definitivo no IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiño, e no IES David Buján desde o curso 2016/2017.
Participación no Programa de Seccións Bilingües por francés durante 4 cursos no IES Urbano Lugrís.
Participación en dúas  feiras científicas, Ciencia en Acción e Galiciencia o ano 2017.

Jose M.Viñas Diéguez

IES David Buján

Profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES David Buján de Cambre. Foi coordinador de escola piloto en varios proxectos de ciencia europeos ( XploreHealth, InGenious, FuturEnergía ou Go- Lab) e asesor pedagóxico de European Schoolnet no proxecto “Global Excursion”. Ademais obtivo o recoñecemento á calidade polo proxecto Erasmus+ “ Engaging students: STEM Clubs & Citizen Science”. Participou cos seus alumnos en concursos
de ciencia como: Galiciencia, Exporeçerca, Ciencia en Acción, European ViSH Awards, Science Picnic ou Science on Stage. Actualmente imparte cursos para profesores como “Ciencia cidadá na escola”,
ou “Primeiros experimentos para infantil e primaria” nos centros de formación de profesorado da Consellería de Educación e é mentor nos proxectos internacionais de acercamento a ciencia e a tecnoloxía aos rapaces, WorldBiotech e Design Squad Global, ambos da Association of Science-Technology Centers ( ASTC) de EEUU.