Proxecto Regeifa. Un documental web sobre a cultura popular de Coristanco

Trátase da elaboración dun documental web sobre unha das tradicións orais máis importantes da comarca de Bergantiños, a regueifa. Concretamente centrámosnos nos catro regueifeiros máis importantes que tivo o concello de Coristanco: Blanco de Muíñoseco, Fermín da Feiranova, Costa de Xaviña e Guillermo da Rabadeira. No documental inclúense varios tipos de contidos:
Breves reseñas biográficas dos regueifeiros.
Audicións dalgunhas das regueifas destes artistas.
Entrevistas aos seus familiares e descendentes e a persoeiros que escribiron sobre o tema.
Time lapse da elaboración da pintura-mural da regueifa.
Roteiro da regueifa, co deseño do que é o símbolo do noso proxecto, o escaravello regueifeiro.
Breve tutorial sobre a regueifa a cargo de Lupe Blanco, etc.
Os contidos dixitais foron traballados co noso alumnado a través de diferentes obradoiros que se desenvolveron no centro.

Materiais

Cristina de la Torre Herrera

CPI Alcalde Xosé Pichel

Licenciada en Historia. Master en medios de comunicación. Realizou labores de produción executiva de contido audiovisual, textos, web interactiva e redes sociais.

Carlos Fernández Fernández

CPI Alcalde Xosé Pichel

Licenciado en Psicopedagoxía. Maestro de Educación Primaria. Participación en obradoiros de contidos audiovisuais, equipos de edición de vídeos, e produción e redacción de contidos.