Con motivo de relacionar as nosas aprendizaxes cun proxecto global de centro definido pola Biblioteca Escolar, titulado As plantas que nos rodean, decidimos centrarnos no estudo do horto e das hortalizas. Polo que entre outras actividades elaboramos un libro de hortalizas, investigamos e analizamos as mesmas, e por suposto cultivamos productos agrícolas na nosa propia horta, empregando códigos QR e diferentes recursos tecnolóxicos (dispositivos móbiles, cámara deportiva, robot educativo, entre outros). Posteriormente, xurdiunos a dúbida de que iamos facer cos nosos cultivos e centrámonos no estudo do Mercado de Abastos.
A partir de aí... e analizando que precisabamos para ser emprendedores e iniciar as nosas vendas, conseguimos implicar á comunidade educativa para montar o noso propio mercado, ademais de difundir coñecemento a través da rede e colaborando cos comerciantes do Mercado Municipal de Elviña.

Diplomada en Logopedia e Maxisterio, e Licenciada en Psicopedagoxía.
Ao longo da súa traxectoria profesional traballou en diferentes escolas, así como no equipo docente da ONCE-Coruña; actualmente, exerce como mestra de Educación Infantil no CEIP María Pita da Coruña. Ademáis, coordinou diferentes grupos de traballo e proxectos, entre eles, "TRIPULANDO A IGUALDADE", o cal, recibiu o Premio de Proxectos Educativos pola Igualdade de Xénero Concepción Arenal.