10º Exercico. Horario non docente
Horario complementario de profesores
Ruta: Profesorado > Xestión do profesorado > Horario
A aplicación ó tempo que crea o horario do grupo vai creando de forma simultánea o horario docente de cada profesor. Agora falta completalo e introducir as actividades non docentes (Gardas, Xefaturas, Titorías, Biblioteca, etc.). O funcionamento desta ventá e similar ó de creación de horarios de grupos
Para engadir ou eliminar unha actividade nun día determinado basta con pulsar sobre o botón correspondente que aparece o final de cada columna
Para visualizar os detalles de cada actividade pulsa sobre o botón
NOTA
Dende esta ventá xestionarase exclusivamente as actividades non docentes. En caso de detectarse algún erro nas outras, se corrixirá na ventá correspondente (horario do grupo) e non dende aquí.