Dende o menú profesorado poderemos xestionar e consultar o profesorado asignado o noso centro.
O Servizo de Profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial, pertencente a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación será quen se encargue de manter os datos ó día, altas e baixas de substitutos, concurso de traslados. Os centros terán unicamente que comprobar se están actualizados, realizar unicamente as modificacións que lle estean permitidas e o resto tramitalas a través da UAC ou da administración correspondente.