Que impresora mercar?

Que impresora mercar?

por José Manuel Lago Ces -
Número de respostas: 2

Bo día,

A min gustaríame saber que impresora 3D mercar para ter na casa. Quixera que xa viñera montada, xa que así estará mellor axustada, e como sería para empezar a trastear e aprender con ela non quixera que  costase moito, pero tampouco sei se as impresoras baratas que podemos atopar en páxinas coma "amazon" están decentes ou polo contrario deberíamos escapar delas. Estiven ollando  a Anycubic i3  e  tamen a Monoprice select mini . Se as coñecedes, agradeceríavos que me orientases neste tema.

Un saúdo

José Lago

88 palabras

En resposta a José Manuel Lago Ces

Re: Que impresora mercar?

por Fernando Coladas Rodrguez -

Ola José Manuel,

ese tema é bastante relativo, temos que saber para que queremos a impresora, que tipo de material é o que pretendemos traballar, que tipos de modelos imos imprimir, etc... A impresora 3D é como calquera outra ferramenta, antes de comprala temos que saber para que a queremos.
A día de hoxe hai infinidade de impresoras 3D e dependendo das calidades / precios, obteremos uns resultados ou outros.
¿Cual é a túa pretensión? ¿Que che gustaría ou necesitas facer en casa?

83 palabras

En resposta a Fernando Coladas Rodrguez

Re: Que impresora mercar?

por José Manuel Lago Ces -

Bo día Fernando,

o que pretendo non é máis que iniciarme neste mundillo e facer pequenas impresións, como pezas para algúns proxecto arduino sinxelo, e trastear e entender como configurar a impresora, como facer algún amaño que poida xurdir, e dicir, unha toma de contacto pero sen gastar moitos cartos.

Un saúdo.

52 palabras