Bo día,
A min gustaríame saber que impresora 3D mercar para ter na casa. Quixera que xa viñera montada, xa que así estará mellor axustada, e como sería para empezar a trastear e aprender con ela non quixera que costase moito, pero tampouco sei se as impresoras baratas que podemos atopar en páxinas coma "amazon" están decentes ou polo contrario deberíamos escapar delas. Estiven ollando a Anycubic i3 e tamen a Monoprice select mini . Se as coñecedes, agradeceríavos que me orientases neste tema.
Un saúdo
José Lago