Ola compañeiros/as,
Como xa comentamos nas sesións presenciais da actividade, como complemento das mesmas hai que realizar un pequeno traballo práctico consistente en dúas tarefas relacionadas cada unha cos relatorios celebrados:
Relatorio 1. Design thinking. Pablo Crespo Pita. Contacto: pablo@imaisde.com
Relatorio 2. Marketing online e redes sociais e empresa. David Fernández Veloso. Contacto: dfveloso@gmail.com
Como prazo límite para a entrega das tarefas tivemos que facer un pequeno cambio na data para respetar os protocolos de calidade, que fixan 15 días de prazo dende o remate das sesións presenciais do curso, polo que a data límite de entrega queda fixada para o 26 de marzo.
Calquera dúbida que teñades, podedes consultar directamente aos relatores ou ben poñervos en contacto con esta asesoría:
cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es
Un cordial saúdo e ánimo co traballo!!!