Tema 1
Requisitos de finalización
cc
Castelao
Obra narrativa. Retrincos
Retrincos
É unha colección de cinco contos, escritos entre 1909 e 1934, que o propio Castelao nos presenta como autobiográficos:
“...eu ofrézovos hoxe uns anacos da miña vida e prégovos que os tomedes por certos e verdaeiros; pero se coidades que son mentiras perdóovos por adiantado”
Os dous primeiros (“O segredo” e “O inglés”) están situados na súa infancia na Pampa. Os tres restantes (“Peito de Lobo”, “O retrato” e “Sabela”) ubícanse en Galicia e, máis concretamente, en Rianxo.
Como nas demais obras narrativas de Castelao, a narración realista aparece salpicada de elementos humorísticos e líricos.