Rosalía de Castro. Vida e obra

Conto gallego

Conto gallego

 O Rexurdimento é fundamentalmente un fenómeno poético. A importancia da prosa foi moito menor como veremos nunha unidade posterior. Rosalía, sen embargo, deixounos tres textos en prosa. Dous son os prólogos ás obras poéticas e o outro Conto gallego, publicado de forma póstuma en 1923. Nel nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra ao seu home. De forma irónica o relato móstranos a concepción maniquea que estes dous homes teñen da muller: esposa e nai modélica ou muller frívola e libertina.