Rosalía

Site: Aula virtual do Centro de Formación e Recursos de A Coruña
Course: Internet como recurso na área de lingua galega
Book: Rosalía
Printed by: Usuario convidado
Date: Friday, 26 December 2025, 5:00 PM

Description

ee

Rosalía de Castro. Vida e obra



En Rosalía encontramos unha muller forte, decidida, moi consciente das dificultades que para unha muller do S. XIX supuña o oficio de escritora nunha sociedade na que o labor intelectual estaba reservado unicamente aos homes. E non é só que asumise os riscos desta situación senón que mesmo se nega a facer a “literatura femenina” que escribían algunhas autoras da literatura española como Carolina Coronado.O poema que encabeza, e non por casualidade, o libro Follas novas di así:

Daquelas que cantan as pombas i as frores,

todos din que teñen alma de muller.

Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,

¡ai! ¿de que a terei?

Adopta esta postura tamén cun plantexamento moi claro de defensa dos débiles, das mulleres e homes explotados, de “Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.

E en perfecta coherencia con isto, asume ese compromiso na súa integridade empregando a lingua marxinada secularmente, a lingua que usaban aqueles e aquelas que, moitas veces analfabetos, foron os auténticos protagonistas e destinatarios de grande parte dos seus versos.


Como concibe Rosal´ñia a literatura e o seu papel como escritora segundo se desprende dos videos?

Vida

Rosalía de Castro naceu en Santiago no ano 1837. Pasou a súa infancia en Ortoño e Padrón. Sabemos que no ano 1853 vivía en Santiago coa súa nai e que estudaba música e deseño na Sociedad Económica de Amigos del País. Frecuentou nestes anos de mocidade compostelana o Liceo de la Juventud onde coñeceu a Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal. A súa vocación teatral quedou reflexada na súa actuación como actriz polo menos en dúas obras.

No 1856 Rosalía marchou a Madrid onde viviu, salvo algunha pequena estancia en Galicia, ata 1861. Descoñecemos os motivos polos que Rosalía se desprazou a Madrid ¿Buscando éxito como escritora? ¿Ou como actriz?. Alí coñeceu a Manuel Murguía, con quen casou no 1858. Parece ser que foi en Castela onde Rosalía escribiu os seus primeiros poemas en galego (un deles Adiós, ríos; adiós, fontes).Posibelmente residise algún tempo por Levante ou Murcia.

Entre os anos 1868 e 1870 volveu residir en Castela ao ser nomeado Murguía Arquiveiro en Simancas. Nestes anos compuxo Rosalía a maior parte dos poemas que en 1880 publicou en Follas novas.

A partir de 1870, ano no que Murguía ocupou o cargo de Xefe do Arquivo Xeral de Galicia, Rosalía xa non volveu abandonar Galicia. Morreu en Padrón no 1885.


Obras

Obras GALEGO ESPAÑOLPoesía1863 Cantares gallegosPoesía1857 La florPoesía1880 Poesía1863 A mi madreProsa1923 (Póstuma) Conto gallego

Poesía

1884 En las orillas del Sar

Novela

1859 La hija del mar

Novela

1862 Flavio

Novela

1866 El cadiceño

Novela

1867 El caballero de las botas azules

Novela

1881 El primer loco

Cantares Gallegos

Cantares gallegos

 1863 é o ano da publicación de Cantares gallegos, obra singular na nosa historia literaria por varios motivos:

 - Primeiro libro impreso escrito integramente en galego.

 - Supera en cantidade e calidade os intentos dos Precursores.

 - A pesar de ser o primeiro, o libro convértese nunha das obras de maior calidade da nosa literatura.

 - A súa autora é a única escritora galega do S. XIX.

 - Abandona a literatura romántica dos Precursores elaborando unha obra de tipo realista.

 Intencións:

 ... facerlle máis palpable a España a inxusticia que ela á súa vez conosco comete. Foi este o móvil principal que me impeleu a pubricar este libro...”

 Así de clara se mostra Rosalía no “Prólogo” de Cantares gallegos. Pero ao longo do mesmo expón de forma máis concreta os motivos que a impulsaron á publicación do libro:

 - Cantar as belezas da terra.

 - Dar a coñecer costumes e tradicións galegas.

 - Desvanecer os prexuízos que en España existen sobre Galicia.

 - Dignificar o idioma e demostrar que o galego é unha lingua apta para a creación literaria.

 

 

 Temas 

 Cantares gallegos preséntasenos como un libro de temas diversos ao servicio da dignificación patriótica que Rosalía pretende. En “Adiós, ríos; adiós, fontes”, vimos como o tema reivindicativo se presentaba diluído entre aspectos de tipo sentimental e folclórico. Algo semellante sucede no conxunto do libro e ao lado de poemas costumistas como “Nosa Señora da Barca”, dedicado ao santuario e romaría do mesmo nome en Muxía, inclúense claros alegatos patrióticos como “A Gaita gallega”.

 Ainda que a adscripción dun poema a un tema determinado non pode ser ríxida, porque con frecuencia nunha mesma composición aparecerán aspectos temáticos diversos, podemos agrupalos da seguinte forma:

 1.- Poemas amorosos (“Cantan os galos pra o día”, “Quíxente tanto, meniña”, “¿Que ten o mozo?”). O amor exprésase sempre en contacto cunha natureza apacible e delicada, marco propio tanto para un amor feliz como para un amor que, ainda fracasando, nunca atinxe características tráxicas.

 2.- Poemas costumistas. Neles Rosalía realiza unha exaltación de costumes, festas, tradicións e personaxes populares cunha clara intención de demostrar que estas manifestacións culturais teñen a súa dignidade e a súa función dentro da colectividade que as creou e que as usa para a súa diversión. (“Un repoludo gaiteiro”, “Nosa Señora da Barca” ...) Os temas costumistas, sen embargo, poden ter en Rosalía unha inversión de tipo irónico como sucede en “San Antonio bendito”. O poema parte da copla popular:

San Antonio bendito,

dádeme un home,

anque me mate,

anque me esfole.

 A pretendida debilidade feminina que levaría á muller a querer un home a calquer precio convértese ao final nunha ironía na que o que predomina é unha visión pragmática da existencia.

 3.- Poemas intimistas (“Campanas de Bastabales”, “Como chove miudiño”...). Se ben na maioría dos poemas do libro, o suxeito lírico é “a meniña gaiteira” ou algún outro personaxe do seu entorno, hai algúns nos que ese suxeito lírico é a propia autora. Son poemas menos alegres e máis nostálxicos nos que comeza a perfilarse a Rosalía intimista que encontraremos en moitas páxinas de Follas novas.

 4.-Poemas sociais e patrióticos. Neste grupo podemos incluír:

 - Poemas escritos desde o eu lírico da propia Rosalía :”A gaita gallega”, resposta a un poema de igual título do poeta español Ruíz de Aguilera no que se preguntaba se a gaita galega chora ou canta cando toca.

 - Poemas postos en boca de outras persoas, como “Castellanos de Castilla”. Partindo como sempre dunha copla popular

Castellanos de Castilla,

tratade ben aos gallegos,

cando van, van como rosas;

cando vén, vén como negros.

unha muller, desde o abandono, a dor e a impotencia pola morte do seu home, realiza un durísimo alegato contra a emigración e a explotación de Galicia. Esta crítica adopta o mesmo punto de vista popular que creou a copla que encabeza o poema.

Estrutura

 Estructura

 Cantares gallegos é unha obra de estructura cerrada. Abre o libro un poema no que se realiza unha invitación a unha rapaza para que “cante”:

Has de cantar,

que che hei de dar zonchos,

has de cantar,

que che hei de dar moitos...

 A rapaza acepta a invitación e comeza o canto que xa desde o principio se converte nunha clara exaltación da paisaxe, costumes, lingua... de Galicia, sen restrinxirse a ningún grupo social, nin por idade nin por posición económica:

Buscaime, rapazas,

velliñas, mociños.

Buscaime antre os robres.

Buscaime antre os millos,

nas portas dos ricos,

nas portas dos pobres,

que aquestes cantares

a todos responden.

 Fecha o libro un poema no que a “meniña gaiteira” se despide citando dous elementos (o canto e o pranto) fundamentais no libro así como a súa intención patriótica:

Esto e inda máis, eu quixera

desir con lengua grasiosa;

mais donde a grasia me falta

o sentimento me sobra,

anque este tampouco abasta

para espricar certas cousas,

que a veces por fora un canta

mentras que por dentro chora.

Non me espriquei cal quixera

poi son de epricansa pouca;

si grasia en cantar non teño

o amor da patria me afoga.

 Entre ambos poemas inclúense outras trinta e catro composicións de temática variada nas que se glosa unha copla popular que é a que, dalgunha forma, provoca o tema da composición.

Temas

Temas

Cantares gallegos preséntasenos como un libro de temas diversos ao servicio da dignificación patriótica que Rosalía pretende. En “Adiós, ríos; adiós, fontes”, vimos como o tema reivindicativo se presentaba diluído entre aspectos de tipo sentimental e folclórico. Algo semellante sucede no conxunto do libro e ao lado de poemas costumistas como “Nosa Señora da Barca”, dedicado ao santuario e romaría do mesmo nome en Muxía, inclúense claros alegatos patrióticos como “A Gaita gallega”.

Ainda que a adscripción dun poema a un tema determinado non pode ser ríxida, porque con frecuencia nunha mesma composición aparecerán aspectos temáticos diversos, podemos agrupalos da seguinte forma:

1.- Poemas amorosos (“Cantan os galos pra o día”, “Quíxente tanto, meniña”, “¿Que ten o mozo?”). O amor exprésase sempre en contacto cunha natureza apacible e delicada, marco propio tanto para un amor feliz como para un amor que, ainda fracasando, nunca atinxe características tráxicas.

2.- Poemas costumistas. Neles Rosalía realiza unha exaltación de costumes, festas, tradicións e personaxes populares cunha clara intención de demostrar que estas manifestacións culturais teñen a súa dignidade e a súa función dentro da colectividade que as creou e que as usa para a súa diversión. (“Un repoludo gaiteiro”, “Nosa Señora da Barca” ...) Os temas costumistas, sen embargo, poden ter en Rosalía unha inversión de tipo irónico como sucede en “San Antonio bendito”. O poema parte da copla popular:

San Antonio bendito,

dádeme un home,

anque me mate,

anque me esfole.

A pretendida debilidade feminina que levaría á muller a querer un home a calquer precio convértese ao final nunha ironía na que o que predomina é unha visión pragmática da existencia.

3.- Poemas intimistas (“Campanas de Bastabales”, “Como chove miudiño”...). Se ben na maioría dos poemas do libro, o suxeito lírico é “a meniña gaiteira” ou algún outro personaxe do seu entorno, hai algúns nos que ese suxeito lírico é a propia autora. Son poemas menos alegres e máis nostálxicos nos que comeza a perfilarse a Rosalía intimista que encontraremos en moitas páxinas de Follas novas.

4.-Poemas sociais e patrióticos. Neste grupo podemos incluír:

- Poemas escritos desde o eu lírico da propia Rosalía :”A gaita gallega”, resposta a un poema de igual título do poeta español Ruíz de Aguilera no que se preguntaba se a gaita galega chora ou canta cando toca.

- Poemas postos en boca de outras persoas, como “Castellanos de Castilla”. Partindo como sempre dunha copla popular

Castellanos de Castilla,

tratade ben aos gallegos,

cando van, van como rosas;

cando vén, vén como negros.

unha muller, desde o abandono, a dor e a impotencia pola morte do seu home, realiza un durísimo alegato contra a emigración e a explotación de Galicia. Esta crítica adopta o mesmo punto de vista popular que creou a copla que encabeza o poema.

Follas novas

De Cantares gallegos a Follas novas

 Ambos libros, tanto desde o punto de vista temático como do enfoque vital que nos ofrece a súa autora, conteñen diferencias notábeis. No “Prólogo” de Follas novas explícanos que o primeiro libro reflexa a “frescura propia da vida que comenza”. Libro, pois, de esperanza frente a este outro “escrito en medio de tódolos desterros”, “envolto antre as nubes do postreiro outono”, e cuxos versos “espresan as tribulaciós dos que, uns tras outros, e de distintos modos, vin durante largo tempo sofrir ó meu arredore. E ¡sófrese tanto nesta querida terra gallega!”.

 Unha visión moito máis angustiada nos aspectos individuais, e máis pesimista na análise da realidade social vai impregnar o conxunto do libro. Os motivos deste cambio poden ser múltiples:

 - Motivacións persoais: a debilidade física provocada por problemas de saúde, así como o cansazo anímico e o agotamento ante a incomprensión coa que a súa obra foi acollida por diversos sectores do galeguismo.

 - Motivacións sociais: O desencanto e o pesimismo pola falta de solucións aos problemas de Galicia dos gobernos revolucionarios (nos que Rosalía tería depositadas certas esperanzas) tras a caída de Isabel II. De forma moi especial debeuna afectar o incremento da emigración que na década de 1870 atinxiu a grandes cantidades de nenos de 12 anos.

Estrutura e temas

Estrutura e temas.          Escritos no deserto de Castilla, pensados e sentidos nas soidades da natureza e do meu corazón, fillos cativos das horas de enfermedade e de ausencias, refrexan, quisais con demasiada sinceridade, o estado do meu esprito unhas veces; outras, a miña natural disposición ( que non en balde son muller) a sentir como nesta obra encontramos dous bloques temáticos fundamentais:              “... que si non pode senón ca morte despirse o esprito das envolturas da carne, menos pode o poeta prescindir do medio en que vide e da natureza que o rodea, ser alleo a seu tempo e deixar de reproducir, hastra sin pensalo, a eterna e laiada queixa que hoxe eisalan tódolos labios. Por eso iñoro o que haxa no meu libro dos propios pesares ou dos alleos, anque ben podo telos todos por meus...”     Forzoso, mais supremo sacrificio.A miseria está negra en torno deles,¡ai!. ¡I adiante está o abismo...!   e que coas súas leis provocan a miseria de todo un pobo. Nalgúns poemas a resignación asúmese como única saída (“¿Por que?”), pero noutros mesmo chega a xustificarse a vinganza como saída individual (“A xustiza pola man”). (Curiosamente este poema figura en “¡Do íntimo!”)

 Mais non é só o tema da emigración o único que aparece en Follas novas. Aparece outro moi importante que é a hipocresía social, representada polos “grandes da terra”(“Tembra un neno no húmido pórtico”) e pola Igrexa. Neste aspecto é de salientar a crítica ao negocio dos enterros (“De balde...”), ou á función social do matrimonio e o seu carácter opresivo para a muller (“Decides que o matrimonio”).

 

Conto gallego

Conto gallego

 O Rexurdimento é fundamentalmente un fenómeno poético. A importancia da prosa foi moito menor como veremos nunha unidade posterior. Rosalía, sen embargo, deixounos tres textos en prosa. Dous son os prólogos ás obras poéticas e o outro Conto gallego, publicado de forma póstuma en 1923. Nel nárrase a aposta feita por dous homes sobre se un deles consegue dunha muller palabra de casamento o mesmo día en que esta enterra ao seu home. De forma irónica o relato móstranos a concepción maniquea que estes dous homes teñen da muller: esposa e nai modélica ou muller frívola e libertina.

Rosalía mitificada

O mito Rosalía.

 

 Morta Rosalía, e co transcurso dos anos, a súa figura foi trocándose nun mito, que terxiversou e traizoou o sentido da súa obra e a súa personalidade. Esta manipulación debeuse á dificuldade que para sectores intelectuais, mesmo do galeguismo católico, supuña asimilar certas ideas de Follas novas, máxime estando estas escritas por unha muller. De aí proveñen os apelativos “nai chorosa”, “beata aldeá”, “santiña”,... cos que se ten denominado a Rosalía, cambiando sustancialmente a súa mensaxe e o seu carácter forte. Curiosamente nada disto sucedeu en vida da autora, cando ela tivo que soportar duros ataques e incomprensións polo carácter e contido dalgunha obra. Sirvan como contraste a estas interpretacións dous textos: de Murguía o primeiro e da propia Rosalía o segundo:

Se houbo alguén que nos momentos de desgracia se ergueu altivo como un heroe que antes de caer vencido intenta levantarse e loitar ainda, era ela. No seu sangue circulaba, nas súas carnes latexaba algo de indómito e superior.

Eu, pola miña banda, engadirei que son vella para recibir leccións de ningún mestre de escola, e, polo tanto, que me ateño ao que a miña decencia me dicta, que nisto é o mellor xuiz que puiden achar...