Rosalía de Castro. Vida e obra

Estrutura e temas

Estrutura e temas.          Escritos no deserto de Castilla, pensados e sentidos nas soidades da natureza e do meu corazón, fillos cativos das horas de enfermedade e de ausencias, refrexan, quisais con demasiada sinceridade, o estado do meu esprito unhas veces; outras, a miña natural disposición ( que non en balde son muller) a sentir como nesta obra encontramos dous bloques temáticos fundamentais:              “... que si non pode senón ca morte despirse o esprito das envolturas da carne, menos pode o poeta prescindir do medio en que vide e da natureza que o rodea, ser alleo a seu tempo e deixar de reproducir, hastra sin pensalo, a eterna e laiada queixa que hoxe eisalan tódolos labios. Por eso iñoro o que haxa no meu libro dos propios pesares ou dos alleos, anque ben podo telos todos por meus...”     Forzoso, mais supremo sacrificio.A miseria está negra en torno deles,¡ai!. ¡I adiante está o abismo...!   e que coas súas leis provocan a miseria de todo un pobo. Nalgúns poemas a resignación asúmese como única saída (“¿Por que?”), pero noutros mesmo chega a xustificarse a vinganza como saída individual (“A xustiza pola man”). (Curiosamente este poema figura en “¡Do íntimo!”)

 Mais non é só o tema da emigración o único que aparece en Follas novas. Aparece outro moi importante que é a hipocresía social, representada polos “grandes da terra”(“Tembra un neno no húmido pórtico”) e pola Igrexa. Neste aspecto é de salientar a crítica ao negocio dos enterros (“De balde...”), ou á función social do matrimonio e o seu carácter opresivo para a muller (“Decides que o matrimonio”).