Rosalía
Rosalía de Castro. Vida e obra
Estrutura
Cantares gallegos é unha obra de estructura cerrada. Abre o libro un poema no que se realiza unha invitación a unha rapaza para que “cante”:
Has de cantar,
que che hei de dar zonchos,
has de cantar,
que che hei de dar moitos...
A rapaza acepta a invitación e comeza o canto que xa desde o principio se converte nunha clara exaltación da paisaxe, costumes, lingua... de Galicia, sen restrinxirse a ningún grupo social, nin por idade nin por posición económica:
|
Buscaime, rapazas, velliñas, mociños. Buscaime antre os robres. Buscaime antre os millos, |
nas portas dos ricos, nas portas dos pobres, que aquestes cantares a todos responden. |
Fecha o libro un poema no que a “meniña gaiteira” se despide citando dous elementos (o canto e o pranto) fundamentais no libro así como a súa intención patriótica:
|
Esto e inda máis, eu quixera desir con lengua grasiosa; mais donde a grasia me falta o sentimento me sobra, anque este tampouco abasta para espricar certas cousas, |
que a veces por fora un canta mentras que por dentro chora. Non me espriquei cal quixera poi son de epricansa pouca; si grasia en cantar non teño o amor da patria me afoga. |
Entre ambos poemas inclúense outras trinta e catro composicións de temática variada nas que se glosa unha copla popular que é a que, dalgunha forma, provoca o tema da composición.