Tema 1
Castelao
Obra narrativa. O ensaio
As obras ensaísticas de Castelao teñen temas moi diversos. As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza son estudios sobre os cruceiros (orixe, ubicación, motivos ornamentais) desde o punto de vista artístico e desde o etnográfico.
Diario, 1921 recolle impresións sobre a arte, a literatura, o teatro e, en xeral, sobre a Europa que el coñeceu nesa viaxe.
Ora ben, a obra máis significativa no campo ensaístico é Sempre en Galiza, escrita entre 1935 e 1947 (Postumamente publicouse en Arxentina unha nova edición que incluía capítulos escritos con posterioridade á 1º edición de 1944).
Nesta obra, Castelao expón o seu pensamento político nacionalista e demostra a existencia de Galicia como unha nación por posuír os elementos fundamentais que a constitúen: idoma propio, territorio diferenciado, vida económica propia e cultura autóctona (Véxase “Escolma”, texto 9).
Define Castelao moi claramente o seu compromiso político e destrúe a imaxe que del se quixo dar como a dun artista e escritor que se viu forzado á actuación política. O escritor, o artista, o humorista, o caricaturista e o político son elementos indisociábeis nun home que viviu por e para o seu país e que en Sempre en Galiza afirma con claridade e contundencia: “Sendo galego non podo ser máis que galeguista”.