Section outline

  • O curso pretende amosar as posibilidades da web na área de lingua galega dende ver técnicas de busca eficaz e tratamento da información ata ver adquisición de recursos e materiais extraídos da rede, blogs, wikis, podcast, posibilidades de Moodle como recurso na aula de Lingua e literatura, etc. En Moodle ofrécese unha mostra de dúas unidades.
    • Esta parte do curso ten por obxectivo mostrar como unha plataforma virtual de aprendizaxe, caso do Moodle, nos permite a planificación global da materia para ofertar os diferentes materiais didácticos xerados ao longo do ano académico. Tamén veremos algúns programas auxiliares desta plataforma cos que podemos traballar, especialmente eXelearning e Hot Potatoes. Para calquera consulta poden enviar un correo a xoancosta@edu.xunta.es.

      O primeiro, naturalmente, é ofrecer un manual de uso de Moodle.

  • O uso de recursos telemáticos nas aulas de lingua e literatura, igual que nas outras, é algo ocasional. Sería necesario, pois, establecer un plano de uso. Ao deseño deste plano de uso pretenden contribuír estas actividades.
    • 1.- Antes de nada.
      Bloque de actividades para reflexionar sobre un texto e practicar a lingua oral e escrita. Adoptamos a forma de diario moodle
    • 2.- Aprendemos, lemos, practicamos.
      Neste bloque inclúense recursos de consulta de fontes, e actividades de exercitación do aprendizado, así como actividades de lectura e comprensión de textos
    • 3.- Aplicamos o que sabemos.
      Este bloque comprende unha serie de actividades de repaso de carácter gramatical, actividades de síntese ou cuestionarios
  • Na ligazón que aquí incorporo podemos atopar toda a información que Loli Cid nos achegou sobre os wikis na área de lingua e literatura dende características, métodos de elaboración, exemplos, etc.

  • Román Landín amósanos As posibilidades didácticas da web 2.0 para o desenvolvemento da comunicación lingüística en galego.
    Esta ligazón que aquí incorporo vaivos levar a un wiki no que están á vosa disposición todos os materiais e ferramentas que presentou Román Landín no desenvolvemento das súas sesións. Aquí atoparedes Agregadores, Aplicacións Multimedia, Narracións Dixitais, Mapas Conceptuais, Liñas do Tempo, Práctica Glogster, Práctica Mapvivo, Práctica GoAnimate, Práctica Mindomo e Práctica TimeRime
  • Tratamento da información e competencia dixital.
    Aquí atoparedes unha reflexión sobre a busca de información en internet e unha serie de ferramentas que ofrecen as TIC para xestionar eficazmente dita información. Esta presentación corresponde á sesión impartida por Javier Pintor.

  • Recursos TIC de alta rendibilidade e Lecturas na rede para outras lecturas
    Neste apartado podedes atopar todas as aplicacións (lembrade Symbaloo), materiais e recursos que presentou Pilar Ponte nas súas sesións do curso. Todo este material pódese ver e acceder a el no seguinte enderezo:

    http://aprofa.blogspot.com/p/recursos.html