Obxectivos: Reflexión e iniciación ao estudo das formas verbais con alternancia vocálica. Contido: Verbos con alternancia vocálica da 3º conxugación.Técnica didáctica: Individual ou grupos reducidos.


A forma pide que aparece no texto da estampa, que particularidade presenta se a comparamos coas restantes formas do presente de indicativo pedes/pede/pedimos/pedides/peden?

Esa particularidade chama-se alternancia vocálica. Intenta explicar en que consiste?.

Fíxate no seguinte texto:

" Mentres eu subo as malas ao cuarto, el sobe algo de comer e os demais subides o resto das cousas.

Cando acabemos, eu durmo neste cuarto, ti dormes nese daí e os demais durmides naquel do fondo.

No exemplo anterior as formas verbais de subir e durmir tamén presentan alternancia vocálica.

Que teñen en común pido e durmo se os confrontamos cos seus respectivos infinitivos?


O tema da emigración foi tratado por moitos outros autores ademais de Castelao. Imos ler dous textos
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 5:33 PM