O curso pretende proporcionar información sobre literatura infantil e xuvenil en xeral, e galega en particular, cara a posibilitar a selección de obras con criterios de calidade nas bibliotecas escolares. Tamén busca actualizar o coñecemento no referente á competencia literaria e os itinerarios lectores, para o desenvolvemento de Proxectos Lectores de centro operativos e eficaces.