Opcións de matriculación

As Tecnoloxías Sociais son ferramentas, técnicas e metodoloxías concretas desenvoltas de forma comunitaria que facilitan procesos de participación e de cambio, maximizando a intelixencia colectiva e creatividade grupal, acollendo a diversidade, activando a participación e transformando os conflictos en cooperación creativa. 

O obxectivo deste curso é realizar un achegamento teórico a estas metododoloxías e coñecer as técnicas do Espazo Aberto e Café Diálogo como ferramentas para mellorar a coordinación docente e procurar unha visión e misión común no Proxecto Educativo de Centro. 

Este curso vai especialmente dirixido a membros dos Equipos Directivos e persoas coordinadoras dos equipos de coordinación docente. 

CONTIDOS:

  1. Que son as Tecnoloxías Sociais?
  2. Word Café ou Café Diálogo
  3. Open Space ou Espazo Aberto
  4. As Tecnoloxías Sociais como ferramenta para a elaboración do Proxecto Educativo de Centro.  
Acceso como convidado
Acceso como convidado