Section outline

  • MÓDULO DE TRABALLO SECUNDARIA
    Relator: Fco. Xabier San Isidro Agrelo

    SESIÓNS PRESENCIAIS

    1) Deseñando CLIL en secundaria: unha perspectiva global e baseada no traballo por proxectos

    Abstract: Este obradoiro centrarase nos aspectos básicos do deseño de propostas didácticas CLIL, dentro do enfoque por tarefas e proxectos. Mediante a análise de experiencias de aula (vídeos de mostra, unidades CLIL reais, análise e deconstrución de materiais CLIL, etc) e utilizando guías de elaboración, o profesorado participante será quen de deseñar as súas propostas didácticas.

    2) Avaliación en CLIL: modelo integrado e rúbricas
    Abstract: Neste relatorio abordarase a seguinte cuestión: “por que a avaliación en CLIL é unha área complexa?”. Dependendo do modelo CLIL adoptado, a avaliación vai dende unha avaliación separada de lingua e contido ata unha avaliación integrada e en equipo. Analizarase o modelo de rúbricas como unha posibilidade e descubriremos os xeradores de rúbricas que podemos atopar na rede para aplicar na nosa aula.

    PARTE NON PRESENCIAL