O Front-end. O que o público ve
O Front-end e o Back-end
Nas webs dipo CMS (Content Management System - sistema de xestión de contidos) as páxinas teñen como dous lados:
- O que o público ve: o Front-end ou vista principal da páxina.
- A páxina de administración, onde se crea o contido e se xestiona como se ve: o Back-end ou zona de administración.
Pensa nestas páxinas cms como nunha obra de teatro onde hai un escenario (que é o que o público ve) e uns "entre bastidores" ("entre bambalinas" ou "Backstage") onde se organiza todo para que a representación discorra ben.
Os paneis ou rexións
Na páxina principal de Drupal 6 (como en calquera outra páxina web) a información distribúese en zonas e dentro de estas zonas vaise poñendo o contido ordenado.
Na seguinte imaxe podedes ver diferentes disposicións (layout) dos paneis nunha páxina:

Cada unha das zonas coloreadas anteriores é un panel e, en función do tema que teñamos escollido hai unha disposición concreta.
Dentro de cada un destes paneis organízase a información no que chamamos bloques.