O Front-end e o Back-end


Nas webs dipo CMS (Content Management System - sistema de xestión de contidos) as páxinas teñen como dous lados:

  1. O que o público ve: o Front-end ou vista principal da páxina.
  2. A páxina de administración, onde se crea o contido e se xestiona como se ve: o Back-end ou zona de administración.

Pensa nestas páxinas cms como nunha obra de teatro onde hai un escenario (que é o que o público ve) e uns "entre bastidores" ("entre bambalinas" ou "Backstage") onde se organiza todo para que a representación discorra ben.



Os paneis ou rexións


Na páxina principal de Drupal 6 (como en calquera outra páxina web) a información distribúese en zonas e dentro de estas zonas vaise poñendo o contido ordenado.

Na seguinte imaxe podedes ver diferentes disposicións (layout) dos paneis nunha páxina:


Paneis


Cada unha das zonas coloreadas anteriores é un panel e, en función do tema que teñamos escollido hai unha disposición concreta.

Dentro de cada un destes paneis organízase a información no que chamamos bloques.



Última modificación: luns, 1 de febreiro de 2021, 2:41 PM