Section outline

    • C.E.P. Xosé María Brea Segade

      Servizo de Normalización do Concello de Rianxo

    • En 1954, o director da Banda de Música de Santiago, Pedro Echevarría Bravo (1905-1990), na secuencia dunha bolsa de investigación para o CSIF, realizou unha misión de recollida de folclore musical en Rianxo. Un dos seus informantes foi o mariñeiro rianxeiro Ramón Rodríguez Alcalde, de 70 anos de idade. Dos seus parentes aprendera un canto do maio, a única melodía deste xénero que conservamos no noso concello. Porén, na memoria da veciñanza de máis idade, aínda é posible recoller os restos dunha tradición case que perdida:

      Velaí vén o maio

      cargado de flores,

      para repartir

      con todos os señores.


      Este maio, maio,

      é moi pillabán,

      quere que lle boten

      os cartos na man.

      Dalia Triñanes Becerra, 91 anos, Taragoña.

      A perda da tradición de cantar os maios tradicionais en Rianxo parece que está moi relacionada coa aparición no noso concello da Asociación Hijas de María, cuxa patroa era a Purísima Concepción. A ela pertencían as mozas solteiras das «principais» familias de Rianxo, como, por exemplo, Olegaria Dieste ou Josefina e Teresa Castelao. No Fondo Local de Música conservamos moitas das partituras que cantaba no mes de maio o coro desta Asociación, con títulos tan significados como o de Flores a María.

      «El mes de las flores. Los cultos que vinieron celebrándose, durante el mes de Mayo en esta iglesia parroquial, a los cuales dedicó gran entusiasmo, nuestro querido párroco D. José Benito Fariña Garabán, los coronó la solemnísima fiesta del domingo último que las Hijas de María dedicaron a su excelsa Patrona. Hubo misa solemne a las doce, cantada a toda orquesta por un afinado coro de jóvenes pertenecientes a esta Asociación, sermón por la tarde a cargo de un R. P. Dominico de Padrón y acontinuación, procesión en la que conducía el estandarte el joven Eduardo Losada Rodríguez, a quien acompañaban llevando los cordones los niños Manolito Peleteiro Rosende y Santiaguito Bermúdez de Castro.» El Pueblo Gallego: Ano II. Nº 420. 5 de xuño de 1925. Segundo conta José Antonio Durán, o primeiro estandarte do coro Hijas de María foi deseñado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

      Fonte: Andrea Puentes-Blanco, "Ei vén o maio", Fondo de MúsicaTradicional IMF-CSIC, ed. E. Ros-Fábregas (data de acceso: 25 nov 2020),https://musicatradicional.eu/es/piece/32047

    • Resulta imposible saber como era a celebración dos maios na época en que se cantaba este maio recollido a Ramón Alcalde. Parece que en Rianxo existiu algún tipo de figura vexetal que era levado sobre unha padiola paseada polas crianzas por toda a aldea. Chegounos algunha información de que a forma do maio podía ser unha cruz, mais non puidemos confirmar este pormenor.

      A música que encontramos nos fondos do CSIF era moi breve, e só conservaba unha única copla. É por isto que decidimos acrecentar unha parte de muiñeira ao noso arranxo.

      Obviamente, estamos ante unha recreación construída sobre un maio tradicional de Rianxo, o único conservado a dia de hoxe.

      Acordeón: Alma Caamaño

      Gaita e Percusións: Orjais

      Gravado no Estudo de Radio da BBS.

      Gaita e Percusións: Orjais

      Gravado no Estudo de Radio da BBS.


    •  Só música


      Con letra (guia)

       

       



    • Os nosos trasnos

    • Os nosos trasnos 2

    • Accede ao cancioneiro AQUÍ