Actualidade

Por admin, 24 Agosto, 2022

Un traballo da Escola de Cantería, centro dependente da Deputación de Pontevedra, homenaxeará ás vítimas do naufraxio do barco "Angel", producido 0 9 de setembro de 1968 no Cabo Home. O monumento, tallado a petición da Comisión de Festas de Meira (Moaña) será inaugurado inaugurado na noitiña deste xoves, 25 de agosto, no porto moañés durante os actos polo día do Carme. Aos actos asistirá a deputada provincial Noemí Outeda en representación da Deputación.

Por admin, 5 Agosto, 2022

A Deputación arrancou hoxe  as obras de reparación da cuberta e da fachada da zona de aulas na Escola de Cantería, que supoñen un novo investimento de preto de 350.000 euros que se suman ás actuacións desenvolvidas xa pola institución provincial nestes últimos anos para garantir que o centro de formación funcione nas mellores condicións, á espera da transferencia da súa titularidade á Xunta tralo protocolo asinado o pasado mes de xullo.

Por admin, 9 Setembro, 2021

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ultima a preparación da volta a actividade académica nas instalacións da Caeira (Poio). O prazo de matrícula, que ábrese oficialmente desde este vindeiro luns ata o 23 deste mes de setembro, é o último paso de cara ao comezo dun curso que, segundo os datos dispoñibles, apunta a un crecemento do alumnado atraendo estudantes de distintos puntos de España e mesmo do estranxeiro.

Por admin, 22 Decembro, 2020

A deputada delegada de Centros Educativos, Noemí Outeda, acompañada do alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, e do cura párroco de Albeos, asistiu esta mañá á descuberta da escultura dedicada a San Paio, unha das últimas creacións da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, e que foi instalada no adro desta igrexa do século XII.