Por admin, 23 Novembro, 2023
Terá beneficios para o alumnado, que obterá títulos oficiais ao rematar a súa formación e para os antigos alumnos que poderán acreditar experiencia profesional. A actividade lectiva regrada comezará no curso 2024-2025, cunha oferta de formación centrada na construción, restauración e rehabilitación de edificios. Remarca a revolución que constitúe a FP en Galicia, que para o curso 2023-2024 contará coa maior oferta da prazas da súa historia.
Por admin, 24 Agosto, 2022

Un traballo da Escola de Cantería, centro dependente da Deputación de Pontevedra, homenaxeará ás vítimas do naufraxio do barco "Angel", producido 0 9 de setembro de 1968 no Cabo Home. O monumento, tallado a petición da Comisión de Festas de Meira (Moaña) será inaugurado inaugurado na noitiña deste xoves, 25 de agosto, no porto moañés durante os actos polo día do Carme. Aos actos asistirá a deputada provincial Noemí Outeda en representación da Deputación.

Por admin, 5 Agosto, 2022

A Deputación arrancou hoxe  as obras de reparación da cuberta e da fachada da zona de aulas na Escola de Cantería, que supoñen un novo investimento de preto de 350.000 euros que se suman ás actuacións desenvolvidas xa pola institución provincial nestes últimos anos para garantir que o centro de formación funcione nas mellores condicións, á espera da transferencia da súa titularidade á Xunta tralo protocolo asinado o pasado mes de xullo.

Por admin, 9 Setembro, 2021

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ultima a preparación da volta a actividade académica nas instalacións da Caeira (Poio). O prazo de matrícula, que ábrese oficialmente desde este vindeiro luns ata o 23 deste mes de setembro, é o último paso de cara ao comezo dun curso que, segundo os datos dispoñibles, apunta a un crecemento do alumnado atraendo estudantes de distintos puntos de España e mesmo do estranxeiro.