Saltar navegación

ACTIVIDADE 6

PLANOS E MATERIAIS

Duración:
2 horas
Agrupamento:
Grupo/individual

Pois mans á obra!!!

Unha vez decidido o que ides facer, precisamos saber os materiais que necesitamos. Para o circuito eléctrico é imprescindible cable, un xenerador que pode ser unha pila de petaca, un interruptor e un dispositivo (bombilla, zumbador, motor...).

Na páxina de Agueiro que creáchedes facede un listado dos materiais.

Agora, tedes que facer os planos do voso xoguete. Cada neno fará o seu boceto que logo compartirá na galería de imaxes do grupo en Agueiro. Podedes debuxalo no ordenador con paint ou nun folio e logo facerlle unha foto que tamén subiredes á galería de Agueiro.