Os paquetes SCORM de Edebe avalíanse de 2 xeitos diferentes en función do tipo de actividade.
●  Actividades de unir con frechas, arrastrar: obtense unha cualificación final de todo o nada en función do número de preguntas da actividade.

Se hai 11 elementos a emparexar, obterase unha cualificación final de 0% (hai erros) ou de 11% (todo ben), sen posibilidade de valores intermedios.


● Actividades de completar: nestas actividades é posible obter unha cualificación proporcional ao número de respostas acertadas:

Se por exemplo hai 3 preguntas de completar, pódese obter unha cualificación final do 0%, 1% (1 resposta correcta), 2% (2 respostas correctas) ou do 3% (3 respostas correctas)

Hai que ter en conta que a suma das actividades SCORM de EDEBE para un determinado tema non suma o 100%, polo que en xeral estas actividades recoméndase NON situalas na categoría de avaliación, aínda que en algunhas materias ocurre tamén que están e base 10 que é como avalia o eva.
Serven como comprobación de autoavaliación ou como elemento de aprendizaxe  por parte do alumnado, e a efectos de comprobar que foron realizadas.

Para rematar o unico que ofrece todas as posibilidades.

MATERIAL COMPLEMENTARIO.

Este material esta na primeira sección dos recursos de EDEBE.

Trátase duns exercicios en PDF que se poden utilizara para avaliar ao alumno mediante unha tarefa. Unha opcion sería utilizar ar pdf-shuffler e xournal.

Última modificación: xoves, 21 de novembro de 2019, 11:56 AM