4º EDUCACIÓN PRIMARIA
Section outline
-
-
Aínda que o curso pasado xa aprendimos a tocar as notas SI, LA, SOL, empezaremos de novo. Lede o que colguei aquí, que é a primeira clase de frauta deste curso, e practicade a nota SI. Tedes na vosa libreta copiadas as mini cancións coa nota SI. Se non as copiastes, copiádeas. Volas mirarei o día de clase. Repasade tamén as partituras que vos dei o curso pasado e traédeas a clase.GRAZAS.
RECORDADE TRAER A FRAUTA E A LIBRETA O DÍA DE CLASE DE MÚSICA.
Ánimo, frautistas!!! Procurade que non pite!!! Buscade un bo son!!
-
PRACTICADE ESTA CANCIÓN CON SOL, LA, SI, DO AGUDO E RE AGUDO.
MAN ESQUERDA!!! RECORDADE!
-
Tocámola na clase. Tocade o refrán e intentade tocar as estrofas.
-
Esta tamén a tocamos na clase. Musicalmente, a anterior é a que está ben, pero esta vos vale para mirar as posicións dos dedos e repetir a primeira parte do refrán moitas veces.
-
Cantaremos esta canción no festiavl das Letras Galegas o martes 19 de maio de 2026. Que a practiquen na casa! GRAZAS
-
Aprendede a canción enteira e a letra da vosa parte para o festival das Letras Galegas do 19 de maio de 2026.
-