Chuleta escornabótica

Pasos previos:

  • Instalar Arduino IDE [1].

  • Descargar Código escornabot [2]. Descomprimir e pegar o cartafol en "sketchbook".

  • Descargar a biblioteca "escornabotMovementLibrary" [3]. Descomprimir e pegar o cartafol en "sketchbook/libraries" (ou onde se instalen as bibliotecas segundo o SO).

  • Abrir o Arduino IDE. En arquivo >sketchbook [4] nos aparecerá o programa "escornabot". Seleccionalo e cargalo (flechiña).

borrar.png

Configurando valores:

Xoga coas configuracións do escornabot para conseguir novos comportamentos, pensa que novas actividades poderías facer con eles.

  • Abrir Arduino IDE e ir a "sketchbook>Escornabot"

  • Ir á pestana "Configuration.h"e buscar e cambiar as seguintes liñas:

    • Non borrar movementos despois de execución:

#define PROGRAM_RESET_ALWAYS true

  • Cambiar distancia de avance:

#define STEPPERS_LINE_STEPS 1738

  • Cambiar ángulo de xiro

#define STEPPERS_TURN_STEPS 1030

  • Cambiar valores botóns:

#define BS_ANALOG_VALUE_UP 227

#define BS_ANALOG_VALUE_RIGHT 623

#define BS_ANALOG_VALUE_DOWN 524 …

  • Anular un botón

    • Ir á pestana "Bot.cpp" e a partir da liña 86…

    • En calquera dos case BUTTON_XXXX eliminar a liña: _storeMove(MOVE_XXXX);

    • Tamén se pode cambiar o movemento asociado a cada botón.

Biblioteca de movementos:

  • Desde o arduino IDE, acceder a exemplos > escornabotMovementLibrary > planilla

  • Estas dúas liñas hai que poñelas  ao principio do programa para poder usar a librería e referirse a ese escornabot:

#include <Escornabot.h>

Escornabot escornabot

  • Escribimos o noso código dentro das chaves do void loop(){}

  • escornabot.siBotonIr(): empregamos esta orde para que as liñas que poña a continuación se executen ao premer un botón.

  • escornabot.andaCm(10): Fai que o escornabot avance dez cm. Números negativos darán retrocesos.

  • escornabot.xiraGraos(60): Fai que o escornabot xire 60º en sentido horario. Valores negativos darán xiros antihorarios.

  • escornabot.para(1000): O robot se deterá durante 1000 milisegundos.

  • escornabot.pita(200): dará un pitido de 200 milisegundos.

 

[1] - https://www.arduino.cc/en/Main/Software

[2] - https://github.com/escornabot/arduino/archive/v1.2-brivoi.zip

[3] - https://github.com/procastino/escornabotMovementLibrary

[4] - Nas últimas versións de Arduino, no canto de "sketchbook" aparecerá "proxecto"

 Recurso compartido por Tucho Méndez

Última modificación: domingo, 13 de xaneiro de 2019, 7:23 PM