Que é a música 1º T
Section outline
Requisitos do completado
3. O son e as súas propiedades. A altura, duración, intensidade e timbre
Todos os sons que percibimos teñen catro calidades: altura, duración, intensidade e timbre.
1. A Altura caracteriza aos sons como graves ou agudos.
Represéntase no pentagrama mediante a colocación das figuras no pentagrama. Canto máis arriba están colocadas as notas, máis agudas son.
Copia o pentagrama no teu caderno e complétao
A colocación das plicas
Unha nota pode estar composta por tres partes: corchete, plica e cabeza. Se se coloca a cabeza da terceira liña para arriba a plica colócase para abaixo.
