Que é a música 1º T
| Sitio: | Aula virtual do CEIP Vistahermosa de Ourense |
| Curso: | Artística 6 |
| Libro: | Que é a música 1º T |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 19 de novembro de 2025, 6:12 AM |
Descrición
1. O aire, o son e o silencio
O son forma parte da nosa vida diaria, grazas ao aire, é capaz de chegar ata os nosos oídos.
Combinando o son co silencio podemos crear música.
A música é a arte de combinar o son co silencio de forma creativa.
A voz é un instrumento natural, con ela recreamos melodías e ritmos
1.1. Responde ás preguntas
1. Gardade silencio na aula durante un minuto e, a continuación, respondede ás seguintes preguntas: Que sons escoitastes? Podemos dicir que algún deles era música? Que é o silencio?
2. A canción
A canción é unha das composicións musicais máis antiguas.
Está composta para a voz humana, soe ter letra e habitualmente vai acompañada doutros instrumentos.

O RONDÓ é unha canción que se divide en dúas partes, A e B: a estrofa (a parte que se modifica) e o retrouso (a parte que se repite), respectivamente. Esta forma musical é binaria.
2.1. Actividades
- Localiza a letra da canción Miña Terra Galega del grupo galego Siniestro Total. Diferencia entre a estrofa e o retrouso. É un rondó?

- Escribe algunha canción que teña forma binaria
3. O son e as súas propiedades. A altura, duración, intensidade e timbre
Todos os sons que percibimos teñen catro calidades: altura, duración, intensidade e timbre.
1. A Altura caracteriza aos sons como graves ou agudos.
Represéntase no pentagrama mediante a colocación das figuras no pentagrama. Canto máis arriba están colocadas as notas, máis agudas son.
Copia o pentagrama no teu caderno e complétao
A colocación das plicas
Unha nota pode estar composta por tres partes: corchete, plica e cabeza. Se se coloca a cabeza da terceira liña para arriba a plica colócase para abaixo.

3.1. Propiedades do son. A intensidade
A intensidade é a forza ou volume coa que percibimos o son.
Represéntase coas abreviaturas pp, p, f, ff
MATICES DE INTENSIDADE

Pica na imaxe e practica cos matices de intensidade
http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/02/a_ba02_01vf.html
3.2. Propiedades do son. A duración
2. A duración fai referencia ao tempo que soa unha nota.
Represéntase coas figuras e cos silencios. O tempo mídese en pulsos.
- A redonda dura catro pulsos.
- A branca dura dous pulsos.
- A negra dura un pulso.
- A corchea dura medio pulso.
- A semicorchea dura a cuarta parte dun pulso.
Xoga coa duración do son. Fai click na imaxe
3.3. O son e as súas propiedades. O timbre
O Timbre é a calidade do son que nos permite diferenciar as voces das persoas que coñecemos ou distinguir uns instrumentos doutros.

