O reino animal
Requisitos do completado
Ver
O reino animal, clasificación atendendo a diferentes criterios
3. Os vertebrados
3.1. Os vertebrados: Peixes e anfibios
OS PEIXES
-Viven na auga
-Os ósos dos peixes chámanse espiñas.
-Teñen boca con dentes. A forma dos dentes é diferente segundo o tipo de alimentación.
-O seu corpo está cuberto de escamas.
-As súas extremidades son aletas
-Respiran mediante branquias.
-Reprodúcense por ovos.
OS ANFIBIOS
-Teñen o corpo recuberto por unha pel núa; é dicir, non teñen nin pelo, nin plumas, nin escamas. A pel dos anfibios debe estar sempre húmida.
-A temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.
-Respiran por pulmóns e a través da pel.
-Son ovíparos.

-Sofren metamorfose: cambios que sofren algúns animais desde que nacen ata que son adultos.