O reino animal

Sitio: Aula virtual do CEIP Vistahermosa de Ourense
Curso: Ciencias 4
Libro: O reino animal
Impreso por: Usuario convidado
Data: martes, 25 de novembro de 2025, 4:31 AM

Descrición

O reino animal, clasificación atendendo a diferentes criterios

1. O reino animal

Os animais son seres pluricelulares que obteñen o alimento doutros seres vivos (heterótrofos) e poden desprazarse. Realizan tres funcións vitais que son: a nutrición, a relación e a reprodución.

Existen moitos animais diferentes e para estudalos clasifícanse segundo unhas características comúns.

Os animais clasifícanse en dous grandes grupos

Os Invertebrados

Son todos aqueles animais que non teñen columna vertebral. Todos son ovíparos

Actividade para facer no caderno: Fai unha listaxe de 5 animais invertebrados que coñezas e di como é o seu corpo,  tamaño, se viven na auga, baixo a terra, poden voar, de que se alimentan

Os vertebrados

Son aqueles animais que teñen columna vertebral.

Clasifica os vertebrados nesta actividade interactiva:

https://links.edebe.com/upd

2. Os invertebrados

As características comúns a todos os invertebrados son: 

  • Non teñen esqueleto interno con columna vertebral.
  • Son ovíparos, é dicir, que se reproducen por ovos.

2.1. Os Invertebrados: os artrópodos

Artrópodos divídense en catro grupos: insectosarácnidoscrustáceos miriápodos. Exemplos os saltóns, as arañas, a lagosta e o cempés.

Os artrópodos son o grupo máis diverso e abundante de animais. Representan aproximadamente o 80% do total de todos os animais da Terra.

Os artrópodos teñen as seguintes características xerais:

-Teñen un corpo articulado, dividido en varias partes.

-Teñen patas articuladas.

-Moitos teñen antenas.

-Posúen pel endurecida que os protexe. 

-Algúns artrópodos teñen metamorfose, é dicir, sofren grandes transformacións no seu corpo desde que nacen ata que son adultos.

2.2. Os invertebrados: Os moluscos

Moluscos, como os polbos, os caracois e o longueirón.

Teñen o corpo brando e musculoso

Poden ter cuncha

Poden ser acuáticos e terrestres. 

 

2.3. Os invertebrados: os anélidos

Anélidos, como as lombrigas intestinais, as miñocas e os vermes de tubo.

Teñen o corpo brando e alongado dividido en aneis

Teñen a pel húmida

Non teñen patas.

Poden vivir na auga, na terra ou no interior doutros seres vivos.

 


2.4. Os invertebrados: As medusas, equinodermos e poríferos

Medusas, anémonas e corais (son os cnidarios)

Teñen o corpo brando en forma de bolsa, cun só orificio rodeado de tentáculos.

A maioría viven no mar e son carnívoros

Equinodermos, como as estrelas e os ourizos de mar.

equinodermos

Poríferos como as esponxas

Teñen o corpo de forma irregular e cheo de poros.

3. Os vertebrados

Todos os animais vertebrados posúen columna vertebral formada por vértebras.

Teñen o corpo  dividido en cabeza, tronco e extremidades e a maioría teñen cola.

3.1. Os vertebrados: Peixes e anfibios

OS PEIXES

-Viven na auga

-Os ósos dos peixes chámanse espiñas.

-Teñen boca con dentes. A forma dos dentes é diferente segundo o tipo de alimentación.

-O seu corpo está cuberto de escamas.

-As súas extremidades son aletas

-Respiran mediante branquias.

-Reprodúcense por ovos. 

OS ANFIBIOS

-Teñen o corpo recuberto por unha pel núa; é dicir, non teñen nin pelo, nin plumas, nin escamas. A pel dos anfibios debe estar sempre húmida.

-A temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.

-Respiran por pulmóns e a través da pel.

-Son ovíparos.

metamorfosis

-Sofren metamorfose: cambios que sofren algúns animais desde que nacen ata que son adultos.

3.2. Os vertebrados. Réptiles

-Teñen o corpo cuberto de escamas.

-Algúns como a tartaruga teñen cuncha.

-Respiran por pulmóns.

-Reprodúcense por ovos.

3.3. Os vertebrados. As aves

-Teñen o corpo cuberto de plumas, a maioría poden voar.

-Posúen un peteiro sen dentes. Os peteiros das aves teñen formas diferentes segundo o tipo de alimentación.

-Respiran por pulmóns.

-Son ovíparas.

3.4. Os vertebrados: Os mamíferos

-Posúen catro extremidades. Algúns coma os corzos teñen patas, outros, coma as focas, aletas, e outros, coma os morcegos, ás.

-Teñen o corpo cuberto de pelo e respiran por pulmóns.

-Son vivíparos: nacen do ventre da nai

-Son mamíferos: cando nacen aliméntanse do leite que produce a súa nai.

As baleas, golfiños a foca e o león mariño son mamíferos que viven na auga, as súas crías nacen do ventre da nai e aliméntanse do leite que esta lles proporciona. As súas patas son aletas.