O reino animal
Requisitos do completado
Ver
O reino animal, clasificación atendendo a diferentes criterios
2. Os invertebrados
2.1. Os Invertebrados: os artrópodos
Artrópodos divídense en catro grupos: insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Exemplos os saltóns, as arañas, a lagosta e o cempés.
Os artrópodos son o grupo máis diverso e abundante de animais. Representan aproximadamente o 80% do total de todos os animais da Terra.
Os artrópodos teñen as seguintes características xerais:
-Teñen un corpo articulado, dividido en varias partes.
-Teñen patas articuladas.
-Moitos teñen antenas.
-Posúen pel endurecida que os protexe.
-Algúns artrópodos teñen metamorfose, é dicir, sofren grandes transformacións no seu corpo desde que nacen ata que son adultos.