Xogos de dados e actividade física para facer na casa
Section outline
-
Ola rapazas e rapaces!!
Preséntovos unha serie de xogos para practicar actividade física na casa coa axuda duns dados. Calquera deles e modificable, podédelo adaptar á vosa casa, ao voso material, ao número de participantes, etc.
Espero que vos axude e vos motive para movervos!!!
Xa sabedes, eu encantada de recibir imaxes vosas e da vosa familia practicando estas actividades en vistah10@gmail.com
Ánimo!!!
-
Obxectivo a conseguir 20 puntos. Colle un dado e lánzao. Se superas o reto anotaraste os puntos obtidos no dado.
- Lanza un rollo de papel hixiénico cara arriba, toca o chan e cólleo antes de que caia. Repíteo tres veces.
- Leva un xoguete dun lugar da casa “A” a outro “B” sen tocalo coas mans.
- Bailar o estribillo dunha canción que che guste.
- Poñer un garavanzo nunha culler e levalo dunha esquina á outra da casa sen que caia.
- Derribar unha botella de plástico lanzando un rollo de papel hixiénico nun so intento.
- Poñer un coxín na cabeza e dar 20 pasos sen que caiga.
-
Aquí deixo a plantilla. Segundo o número que saia reproducirase a postura.

-
Dous dados, un indica o obxecto a derribar e o outro con qué derribalo.
Dado 1
- Botella de plástico
- Lata
- Vaso de iogurt
- Cubo de plástico
- Bote de champú
- Xoguete ou boneco que se teña de pé
Dado 2
1 e 4. Rollo de papel hixiénico
2 e 5. Goma de borrar
3 e 6. Coxín
-
Para este xogo o ideal sería estar nun espazo que tivera o chan de baldosas, de non ser así delimitaremos con marcas homoxéneas o espazo entre unha parede e outra.
O obxectivo e lograr chegar dunha parede a outra. Para poder avanzar hai que lanzar o dado e saltar de golpe o número de baldosas que saia. Se non se consigue quedaremos na mesma baldosa. ( Se 6 parece demasiado espazo a saltar, a partir do número que vexamos conveniente podemos volver a repetir número de saltos. Por exemplo: o 4 dous saltos, o 5 tres saltos, o seis un salto...Anotalo para que todo o mundo o saiba e a xogar!)
-
Tírase o dado e supérase o reto, se non se supera á primeira haberá que volvelo a intentar cando volva a saír o número. En caso de sacar outra vez o mesmo número e xa ter superado ese reto volverase a lanzar...Quen o conseguirá antes?
- Debes saltar como unha rá ao redor dunha mesa sen caer.
- Percorrer todos os habitáculos da casa en menos de 20 segundos.
- Camiñar 10 pasos facendo equilibrio cun libro na cabeza.
- Buscar pola casa 5 obxectos de cor vermello e traelos no menor tempo posible (máximo 1 minuto).
- Encestar nunha caixa, papeleira, caldeiro... 3 bolas de papel a tres pasos (grandes) de distancia.
- Marchar para outra habitación apoiándose unicamente nunha man e nun pé.