Section outline

  • Tírase o dado e supérase o reto, se non se supera á primeira haberá que volvelo a intentar cando volva a saír o número. En caso de sacar outra vez o mesmo número e xa ter superado ese reto volverase a lanzar...Quen o conseguirá antes?

    1. Debes saltar como unha rá ao redor dunha mesa sen caer.
    2. Percorrer todos os habitáculos da casa en menos de 20 segundos.
    3. Camiñar 10 pasos facendo equilibrio cun libro na cabeza.
    4. Buscar pola casa 5 obxectos de cor vermello e traelos no menor tempo posible (máximo 1 minuto).
    5. Encestar nunha caixa, papeleira, caldeiro... 3 bolas de papel a tres pasos (grandes) de distancia.
    6. Marchar para outra habitación apoiándose unicamente nunha man e nun pé.