Do 15 ao 19 de xuño
Section outline
-
Destacado
Aprende xogando: actividade baseada no coñecido rosco de pasapalabra
TAREFA: Crea o teu xogo de PASAPALABRA con vocabulario de Ciencias da Natureza de 6º
1º Copia a táboa no caderno ou nun editor de texto.
2º Busca unha palabra, no libro de ciencias, con cada letra do abecedario, pode "comezar con" ou "conter" esa letra
3º Escribe a definición. As definicións teñen que estar sacadas do libro, debes intentar escribir algunha de cada unidade da 1 á 5 (servirache para repasar)
4º Envía a táboa para revisión
ROSCO CIENTÍFICO
Estas son algúns exemplos, podes mantelas ou escribir outras. Copia a táboa no caderno ou nun editor de texto.
LETRA OPCIÓN:
Comeza por contén
DEFINICIÓN PALABRA páx. do libro A Comeza por Seres vivos que non son plantas, pero que realizan a fotosíntese e pertencen ao reino dos protoctistas ALGAS 14 B C D E F G H I L M N Ñ O P Q Comeza por Tipo de enerxía que conteñen os combustibles, os alimentos, as pilas QUÍMICA 88 R S T U Comeza por Anfibios con cola e catro patas de tamaño similar como as píntegas URODELOS 29 V Comeza por Partículas diminutas que poden entrar nas nosas células, destruílas e propagarse a outras células. VIRUS 20 X Z Contén o Órgano que bombea o sangue para que chegue a todas as partes do corpo CORAZÓN 52 EXTRA: Proba a facer o teu propio ROSCO na aplicación educaplay > accede cunha coa conta de correo electrónico >crear actividad> Ruleta de palabras > Segue as instrucións. Envía o enlace para revisión