2. Colocámoslle os zapatiños ás rodas e aparafusamos. Xiramos o chasis e na parte frontal colocamos o sensor seguidor de liña e a mini roda auxiliar centrado nos buratos do medio. Empregamos 2 parafusos M4X8, cambiamos o desaparafusador ao modo Allen
Montando rodas
 |
 |
3. De seguido aparafusamos o sensor de ultrason na parte dianteira con 2 parafusos de cabeza allen m4x8
4. No chasis, aparafusaremos os 4 pernos de latón M4x25
5. Colocamos os cables nos conectores e sacamos os cables por este burato, á espera de montar a placa
6. Collemos a MCore, abrímola e colocamos con moito coidadiño o módulo Bluetooth. Ollo ao encaixar os pins!
Colocamos con coidado o módulo Bluetooth
 |
 |
7. Colocamos a batería de litio no soporte, sacando o cable pola fendedura lateral da caixiña e volvemos a pechala.
8. Aparafusamos a mcore ao chasis, cos 4 parafusos M4x8
9. E por último conectamos os cables:
Sensor de ultrasóns no porto 3
Sensor segue liñas no porto 2
Matriz Leds no porto 1
... e xa solo queda probalo!