Section outline

  • LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO CALERO

    A profe Carmela evíanos esta presentación das Letras Galegas 2020. Fai clic na imaxe/manualidade e anímate a facer algunha actividade plástica: marcapáxinas, decoración de pedras, debuxos...

    1.Escoita enteira a biografía de Carvalho Calero cantada con acompañamento de guitarra. Podes tomar nota dos datos máis relevantes, ordenados cronoloxicamente.

    Nestoutro vídeo alumnas/os de 5º do CEIP S. Pío X  cóntannos a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

    2. Xogo de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor:  LETRAS GALEGAS 2020 

    3. Para ler fragmentos da súa obra e responder a preguntas de comprensión. Enlace do Seminario Galán

    A FALA: Ricardo Carballo Calero defendía que o galego forma parte do mesmo espazo lingüístico e cultural que o portugués, polo que ao seu ver, era necesaria unha aproximación ortográfica a este idioma. Pertencía ao grupo dos reintegracionistas ou lusistas.

    ACTIVIDADES

    4. Escribe unha  biografía de Carvalho Calero cos datos máis relevantes da súa vida e obra: onde naceu, que estudou, de que traballou,  algúns dos títulos dos seus libros de poemas, teatro, logros e nomeamentos, dificultades que tivo na súa vida.

    5.Gramática: "Pretérito Imperfecto" e "Futuro condicional" son títulos de poemarios (obras líricas) do autor. Revisa estes tempos verbais e analiza estes verbos; persoa, nº, tempo (copretérito e postpretérito) e modo:

    resistiría   soñabamos   estudaban   volveríades

    6. Estudo da lingua: Para Carballo Calero a lingua galega era unha variante da lingua portuguesa. Por iso cambiou o seu apelido. Relaciona os nomes das dúas columnas.

    SONS DA LUSOFONÍA

    fiestra equipa
    galiña chuva
    equipo                 carvalho
    choiva               janela
    carballo galinha

    Agora que xa sabes moito sobre Ricardo Carballo Calero imos xogar coas palabras, recorda que foi filólogo.  No seu libro "A xente da Barreira", Ricardo Carballo Calero, empregou palabras enxebres coma: Adobiar, empardecer, encol, compango, latricar...

    - Encontra ti a definición correcta neste  Trivia Carballo Calero
     

    7. INVESTIGA Nomea 4 países nos que se fale portugués indicando o continente no que se atopan.

    - Sabes onde está a rúa Carballo Calero en Ourense?  Podes buscala no Google Maps  empregar a túa hora de paseo e ir ata alí,  sacarte unha foto ao lado do nome da rúa ou nunha ubicación da rúa que che guste e compartila.

    Semana 17 de maio ao 22 de maio

    Lectura: "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carballo CaleroPica na imaxe para ler o conto en issuu

    - Transforma a historia nun cómic de 6 a 8 viñetas. 

    - Se prefires podes facer un cómic ou unha historia ilustrada coa canción "Alborada das pitas"

    • Sube os teus vídeos a flipgrid

      Se queres compartir un vídeo, cunha canción ou interpretación instrumental, accede á plataforma:      https://flipgrid.com/salial3627   Ollo só tes 45 segundos. Se o fas desde o móbil, antes terás que descargar aApp e escribir o código da actividade. Grávase pulsando sobre o círculo verde e ao pulsar sobre a flecha verde, subirá automáticamente.