Do 4 ao 15 de Maio
Section outline
-
A materia e os seus usos
PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA.
Continuamos coa materia. É necesario que dediques uns minutos á lectura do libro, páxinas 84 e 95. Fíxate tamén nas imaxes.
As propiedades específicas da materia, permítennos diferenciar uns tipos de materia de outros. Por iso uns materiais son máis axeitados que outros para determinados usos.

Algunhas propiedades específicas da materia son:
Elasticidade – Despois de dobralo ou estiralo, recupera a forma que tiña ao principio
Fraxilidade – Cando é fácil de romper.
Dureza – Cando é difícil de raiar, cortar, perforar
Impermeabilidade – Se non deixa pasar líquidos
Condutor da electricidade – Permite o paso da corrente a través del
Illante – Cando non permite o paso da corrente eléctrica, do calor, do frío
Comportamento ante a luz: Transparente que deixa pasar a luz e as imaxes
Translúcido- deixa pasar a luz pero non as imaxes
Opaco- non deixa pasar a luz nin as imaxes.
A densidade é unha propiedade específica que relaciona a masa dun obxecto co volume que ocupa. Podemos calcular a densidade mediante a fórmula d= m/V, onde "m" é a masa e mídese en kg, g e "V" é o volume e mídese en m3, en cm3 ou ml, As unidades son kg/ m3 , g/cm3 ou g/ml,

A densidade é a cantidade de masa que hai nun determinado volume. Por exemplo:
-A densidade do ouro é 19,3 g/ ml. Que significa que 1 ml (ou 1 cm3 ) de ouro, ten unha masa de 19,3 g.
-A densidade da auga destilada é 1g/cm3 quere dicir que 1 cm3 de auga ou (1 ml) ten unha cantidade de materia de 1 g.
CURIOSIDADE: Sabías que a nosa voz soa máis aguda cando inhalamos helio? A explicación científica é porque a Densidade do gas helio, é menor cá do aire, e ofrece menos resistencia ao movemento das cordas vocais. Estas vibran + rápido e por iso a nosa voz soa máis aguda.
1 ACTIVIDADES
- Nomea distintos tipos de obxectos que destaquen por cada unha das propiedades específicas.
Por ex. - Elasticidade: A goma que se pon na cintura dun pantalón, braga, calzón... para que se axuste ao corpo.
2 INVESTIGA o valor da densidade en g/cm3 da plata, do petróleo, o aceite, da auga salgada, xeo, ferro. Ordénaas de maior a menor empregando o signo maior que >
3 DESPOIS DE VER O VÍDEO: Que problema se lle presenta a Arquímedes? ..................... Como o soluciona?
4 PROBLEMAS DE DENSIDADE: Aplica a fórmula. Hai que dividir a masa entre o volume.
NIVEL I
- Carlota traballa nun laboratorio e quere calcular a densidade do aceite de 1 litro de aceite 930 g. Cal é a densidade do aceite? (Ollo neste problema tes que pasar litros a ml) ................... g/ml
NIVEL II
- Que anaco de madeira de piñeiro será máis denso, un de 10 g ou outro de 150 g? (Razona, só hai que aplicar o concepto de densidade)
NIVEL III
- Nunha probeta de 45 g poñemos 10 cm3 de mercurio. Medimos a masa da probeta co mercurio e obtemos 181 g. Cal é a densidade do mercurio? (Como calculas a masa do mercurio)
- Os seguintes cubos, teñen o mesmo volume imaxina 1 cm3 (V= 1 cm x 1 cm x 1 cm) pero diferentes masas.
Cal será máis denso e cal será menos?

-A auga conxelada, ten menor densidade que a auga líquida, por iso flota. Cres que isto é importante para o mantemento da vida no planeta? ......... Por que?
5 EXTRA: EXPERIMENTA. Escolle algún destes experimentos e xoga coas densidades.