Section outline

  • ATENCIÓN, PREGUNTA:  De que están feitas todas as cousas que nos rodean?

    24579041-materia-de-investigaci%C3%B3n-en-ciencias.jpgAo noso arredor hai moitos obxectos de distintas formas e cores, como as árbores, xoguetes, ordenadores, etc. Todos están formados por materia.

    Nalgúns casos non se pode ver esta materia como pasa por exemplo co aire que nos rodea. Claro que a luz e o sonido non son materia, non se poden tocar nin forman parte dos obxectos, son tipos de enerxía. 

    CONTESTA  ESTAS ACTIVIDADES NO CADERNO OU A TRAVÉS DUN PROCESADOR DE TEXTO (docx, drive doc, odt...) 

    Hai 9 actividades, dosifica, non se trata de facelas todas á présas  nun día. Envía para revisión de forma fraccionada, 3/4 exerciciospara axilizar a corrección.

    REALIZA UNHA LECTURA COMPRENSIVA DA  PÁXINA 84 DO LIBRO DE CCNN. Podes descargala no arquivo adxunto.

    Que é a materia? 

    1. Que é a materia? 

    Colle na casa diferentes obxectos, feitos con diferentes materiais e de usos diversos.

    2. Que usos teñen os obxectos que elixiches?

    3. Di que usos teñen materiais como a pedra, a madeira, o vidro, a tela o petróleo.

    4. Todos os obxectos que escolliches teñen masa? ....... , porque.....

    5. Todos os obxectos teñen volume? ............ , porque...........

    6. PROBETASSeguro que non tes probetas na casa, pero si vasos medidores, xiringas, xerras,.. Con que medirías...

         7.a- a dose dun xarope?

         7.b- o volume da auga dunha piscina?

         7.c- a cantidade de refresco dunha lata?

         7.d- a cantidade de xabón que usas para lavar as mans?

    Recorda as  equivalencias entre as unidades de volumen 

      1 ml = 1 cm3

      1 l = 1 dm3

      1 kl = 1 m3

    7. Se tes unha lata de refresco e a deformas, cambiará a masa?, cambiará o volume?

    drink-can-deformed-picture-id119584359?k=6&m=119584359&s=170667a&w=0&h=RXn9TxSg5cCrlqBkzoW0cJJFS2WctSo1h-Fj0qYOik8=

    8. INVESTIGA. Un astronauta está na Terra e logo viaxa a Lúa. A súa masa cambiará? Que cambia? Explica a resposta (no vídeo dos recursos adxuntos tes a resposta)

    22 de abril CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA. 

    Os seres humanos, cos nosos malos hábitos, provocamos grandes cambios no contorno. Alteramos ecosistemas e extínguense especies, provocamos o cambio climático...

    Cada un de nós debemos comprometernos co noso planeta, conservándoo e coidándoo. Propóñovos para tal fin un taller de reciclaxe.

    Esta actividade está incluída na semana do Libro e da  Celebración do Día da Terra.

    Lectura online recomendada: Fred Quincalla, o nómade do mar" Teresa G. Costa. 

    9. RECICLA: Constrúe un robot empregando material de refugallo, documenta o proceso de elaboración e envíao para publicalo no blog #EuQuedoNaCasa

    Día da Terra. Recíclame Manualidades