O EMBARAZO
Section outline
-
Semana do 30 de marzo ao 3 de abril
OPCIÓN A- Prepara un traballo utilizando un procesador de textos, eu recomendo Google Drive>documentos ao rematar o traballo só tes que compartilo comigo para a revisión.
OPCIÓN B- Se non tes ordenador, podes facelo no caderno ou en folios, podes facer ti os debuxos e enviar fotos do traballo final. Obrigatorio escribir con boli.
INSTRUCIÓNS:
- Revisa a unidade, recorda que se non tes libro, poderalo atopar neste curso da Aula virtual.
- Completa a información que aparece en cada etapa do embarazo (con frases con sentido completo).
- Busca un título apropiado para o teu traballo e redacta o teu traballo.
- Por suposto non vale copiar e pegar.
- Dálle ao texto un formato atractivo e doado de ler (o tamaño mínimo da fonte debe ser de 12 puntos).
- Inclúe algunhas imaxes como as que seguen.
- Envía o traballo para a súa revisión
O embarazo humano desenvólvese nas seguintes etapas:
• Primeiro trimestre. O desenvolvemento do embrión, o saco amniótico, placenta.
• Ás oito semanas, o embrión pasa a chamarse feto, aspecto humano, como están os seus órganos, como obtén o osíxeno e os nutrientes, que outras funcións ten a placenta.
• Segundo trimestre. O feto e o esqueleto, movementos, tamaño.
• Terceiro trimestre. Desenvolvemento do feto, colocación no corpo da nai.
• O parto. Cando ten lugar, en que consiste o parto.
TEST AUTOAVALIACIÓN: A REPRODUCIÓN HUMANA 6º

Valora os teus logros, sen estrés, nin agobios... Podédelo repetir se non quedas conforme co resultado obtido.