a) Todas as mesturas son disolucións.
b) Cando mesturamos calquera líquido con auga obtemos unha mestura homoxénea.
c) Ningunha mestura presenta un aspecto homoxéneo.
d) O bronce é unha substancia pura
e) O aire é unha disolución gasosa
REFORZAMOS:
-A materia é todo o que nos rodea, posee masa e ocupa un lugar no espazo.
-Cada tipo de materia posúe unhas propiedades específicas; por exemplo: a densidade, a cor, a dureza, o viscosidade, a condutividade, etc., que teremos en conta á hora de escollelas para determinados usos.
-A materia podémola atopar en 3 estados: sólido, líquido e gasoso. A auga é a única substancia que se pode atopar, de forma natural, nos tres estados.
A CLASIFICACIÓN DA MATERIA
|
A lectura das páxinas 85, 86 e 87 do libro, axudarache a comprender mellor esta clasificación, repara tamén nos debuxos. A materia clasíficase en substancias puras e mesturas: AS SUBSTANCIAS PURAS Chamamos substancia pura a calquera material que estea formado por un só tipo de materia e non se pode descompoñer noutras substancias máis símples. Ten unhas propiedades propias que a identifican. MESTURAS Unha mestura é a combinación de dúas ou máis substancias puras, as súas propiedades dependen da súa composición. Así por exemplo a densidade dependerá da proporción na que se atopen os seus compoñentes. As mesturas poden ser homoxéneas ou disolucións e heteroxéneas. Mesturas heteroxéneas. Son mesturas nas que os compoñentes poden distinguirse. Mesturas homoxéneas: Son mesturas nas que non é posible distinguir os compoñentes. As mesturas homoxéneas ou DISOLUCIÓNS poden ser: -Disolución Gasosa - mestura de gases, como o aire -Disolución Líquida - mestura de líquidos ou dun sólido nun líquido, como a auga do mar, o leite con colacao. -Disolución sólida - mestura de sólidos, exemplos: o vidro, o papel; e Aliaxes que son mesturas nas que hai algún metal como o bronce (cobre+estaño), o aceiro (ferro+carbono), o latón (cobre + zinc) |

ACTIVIDADES:
1. Fai un esquema sobre a clasificación da materia

2. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas e corrixe as que sexan falsas.
a) Todas as mesturas son disolucións.
b) Cando mesturamos calquera líquido con auga obtemos unha mestura homoxénea.
c) Ningunha mestura presenta un aspecto homoxéneo.
d) O bronce é unha substancia pura
e) O aire é unha disolución gasosa
3. Clasifica as seguintes mesturas en homoxéneas e heteroxéneas: auga salgada, o bronce, o zume de laranxa recién exprimido, unha ensalada mixta, o granito, colacao, o aire, o osíxeno, aquarius.
4. Extra: MATERIAIS QUE CAMBIARON O MUNDO: ACEIRO, O VIDRO E O PAPEL
Ter é unha youtuber española que publica vídeos sobre arquitectura, materiais... Este vídeo contén información moi interesante relacionada con materiais que provocaron moitos avances na humanidade. Ter fala un pouco a présa e emprega unha linguaxe coloquial con algunha expresión, que espero obviedes e vos quededes coa información relevante.
Despois de ver o vídeo:
-Que tipo de aliaxe é o aceiro................... Que se lle engade ao aceiro para que sexa inoxidable?................... Que avances supuxo para a medicina? .........................
-Como se chaman as persoas que traballan os metais? ...................... Anvances que supuxo o descubrimento do vidro: ................................
-Cal é o compoñente principal do vidro? .................... Avances que proveñen do vidro a nivel científico: .......................
- Por que supuxo unha revolución o uso do papel?