Section outline

  • A biblioteca de movementos de escornabot está pensada para poder programar o robot con distintos xiros e avances desde un ordenador, empregando comandos sinxelos de texto.

    Comandos

    As instruccións máis importantes que lle podemos dar ao escornabot son:

    • siBotonIr();
      • Fai que o escornabot comece a executar o programa cando lle damos a un botón, non en canto carga o programa.
    • andaCm(10);
      • O escornabot andaría, neste caso, 10 cm. cara adiante. Se lle metemos un valor negativo, andaría cara atrás.
    • xiraGraos(60);
      • Neste caso, o escornabot xiraría 60 graos en sentido horario. Con números negativos, xira en sentido antihorario.
    • para(1000);
      • O escornabot detense por un tempo en milisegundos, neste caso quedaría un segundo quedo.
    • pita(500);
      • Emitiría un pitido de 500 milisegundos (medio segundo).

    Exemplo

    Se tes a biblioteca instalada, podes ir a "Arquivo>sketchbook>escornabotMovementLibrary>exemploBiblios" e tes un programa moi sinxelo do que podes partir para facer o teu.

    Notas importantes

    • É moi importante respectar maiúsculas e minúsculas, calquera mínima diferenza no código fai que este non funcione.
    • Todas as instruccións van rematadas por un punto e coma.
    • Todos os parénteses, aspas, corchetes, chaves... abertos deben pecharse nalgún lugar.
    • Aínda que poidan parecer difíciles de descifrar, as mensaxes de erro que nos aparecen en laranxa cando hai algún problema nos poden axudar a corrixilos.